Curso de Música
Para acadar un curso dun nivel extraordinario, o Galaico Brass Festival presenta un profesorado na súa maioría inédito en Galicia e na Península Ibérica, que ofrecerá ao alumnado unha experiencia pedagóxica, de 5 días, única e inexplorada na nosa rexión.
O curso de música contará con clases individuais de instrumento a todo o alumnado, seminarios de disciplinas moi diferenciadas e moi novidosas e diferentes talleres e masterclasses: improvisación, conxunto e música de cámara, técnicas de estudo, preparación mental para audicións ou técnicas de relaxación e visualización a través do ioga.
O PRAZO DE MATRICULACIÓN ABRIRÁ O 14 DE maio ÁS 14:00 (gmt+1)
Matrícula
Para matricularte no curso primeiro cubre o seguinte formulario cos teus datos.
Recorda que as prazas son limitadas e que a admisión se realizará por rigurosa orde de formalización de matrícula.
Agora elixe a túa especialidade
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención *
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención *
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención *
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención *
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención *
Clases e seminarios de Trompeta, Trompa, Trombón ou Tuba e Bombardino como alumno ointe.
Aloxamento e manutención *
Preguntas frecuentes
O prazo de matriculación comezará a partir de maio.
Cubre o formulario da túa matrícula.
Elixe o curso no que queiras matricularte.
Comproba a túa cesta e continúa coa compra.
Cubre o formulario cos datos facturación e fai a compra. Podes realizar o pago con tarxeta de crédito/débito, PayPal ou transferencia. Se elixes pago con tarxeta ou PayPal entrarás na pasarela de pago, no caso de que elixas pago por transferencia sigue as instruccións que se che indican no formulario.
Unha vez feita a compra poñerémonos en contacto contigo.
O número de prazas é limitado e serán adxudicadas por rigurosa orde de formalización da matrícula.
O Curso de música do Galaico Brass Festival é un curso de perfeccionamento musical enfocado aos instrumentos de vento metal: trompeta, trompa, trombón e tuba/bombardino.
Poden participar no curso alumnas e alumnos de todas as idades e niveis formativos.
O curso terá unha duración de 5 días; dende o 28 de Muño ata o 3 de xullo de 2026 e celebrarase en Merza, Vila de Cruces (Galicia)
Contará con alumnado activo limitado a un total de 80 participantes (20 por especialidade) que terán establecido un horario de 9:00h a 20:00h tódolos días que incluirán, entre outras, as seguintes actividades:
Clases Individuais
Clases Colectivas
Ioga musical
Mantemento instrumental
Psicoloxía deportivo-musical
Conferencias
Ademáis das actividades do curso, a túa matrícula darache acceso a tódolos concertos do festival e a posibilidade de añadir aloxamento e manutención dependendo da túa modalidade de matrícula.
Según modalidade os cursos incluen:
Alumno activo:
Modalidade Estándar 349€
- 3 clases individuais cos profesores titulares e residentes (2 horas)
- Seminarios e talleres
- Asistencia a tódolos concertos do Festival de música
Modalidade Reducida 299€
- 2 clases individuais cos profesores titulares (1 hora e media)
- Seminarios e talleres
- Asistencia a tódolos concertos do Festival de música
Modalidade Xuvenil 190€ (menores de 14 anos)
- 2 clases individuais cos profesores residentes (1 hora)
- Seminarios e talleres
- Asistencia a tódalas clases do curso e a tódolos concertos do Festival de música
+Manutención +50€
- Manutención completa (comida e cea) durante os 5 días del festival.
+Aloxamento no CEIP de Merza +50€
+Aloxamento no Balneario “Baños da Brea” dende el 28 de xuño ao 4de xullo (6 noites, con almorzo incluidos) +165€
Alumno ointe 120€
• Clases colectivas
• Concertos
• Seminarios e talleres
Matricularse.
Os alumnos menores de idade deberán entregar unha autorización dos seus pais, nais ou titores para poder inscribirse.
Aloxamento e comidas.
A matrícula do Curso de Música pode incluír dietas individualizadas (almorzo, xantar e cea) e aloxamento no CEIP de Merza, onde será obrigatorio traer saco de durmir.
Monitores.
Os alumnos e alumnas menores de idade estarán vixiados por un equipo de monitores que atenderán as necesidades e coidados precisos de todos os nenos e nenas.