Curso de Música


Para acadar un curso dun nivel extraordinario, o Galaico Brass Festival presenta un profesorado na súa maioría inédito en Galicia e na Península Ibérica, que ofrecerá ao alumnado unha experiencia pedagóxica, de 5 días, única e inexplorada na nosa rexión.

O curso de música contará con clases individuais de instrumento a todo o alumnado, seminarios de disciplinas moi diferenciadas e moi novidosas e diferentes talleres e masterclasses: improvisación, conxunto e música de cámara, técnicas de estudo, preparación mental para audicións ou técnicas de relaxación e visualización a través do ioga.

O PRAZO DE MATRICULACIÓN ABRIRÁ O 3 DE ABRIL ÁS 12:00 (gmt+1)
Curso Tuba e bombardino
  • Clases individuais e colectivas
  • Seminarios e talleres
  • Asistencia aos concertos do Festival de música
  • Aloxamento e manutención
Curso Trompeta
  • Clases individuais e colectivas
  • Seminarios e talleres
  • Asistencia aos concertos do Festival de música
  • Aloxamento e manutención
Curso Trombón
  • Clases individuais e colectivas
  • Seminarios e talleres
  • Asistencia aos concertos do Festival de música
  • Aloxamento e manutención
Curso Trompa
  • Clases individuais e colectivas
  • Seminarios e talleres
  • Asistencia aos concertos do Festival de música
  • Aloxamento e manutención
Alumno Ointe

Clases e seminarios de Trompeta, Trompa, Trombón ou Tuba e Bombardino como alumno ointe.

Prazas limitadas.

Preguntas frecuentes


¿En que consiste o Curso de Música?

O Curso de música do Galaico Brass Festival é un curso de perfeccionamento musical enfocado aos instrumentos de vento metal: trompeta, trompa, trombón e tuba/bombardino.

Poden participar no curso alumnas e alumnos de todas as idades e niveis formativos.

O curso terá unha duración de 5 días; dende o 10 ata o 14 de xullo de 2023 e celebrarase en Merza, Vila de Cruces (Galicia)

Contará con alumnado activo limitado a un total de 80 participantes (20 por especialidade) que terán establecido un horario de 9:00h a 20:00h tódolos días que incluirán, entre outras, as seguintes actividades:

Clases Individuais
Clases Colectivas
Ioga musical
Mantemento instrumental
Psicoloxía deportivo-musical
Conferencias

 

¿Como me matriculo no curso?

O prazo de matriculación comezará a partir de abril.

Cubre o formulario da túa matrícula.

Elixe o curso no que queiras matricularte.

Comproba a túa cesta e continúa coa compra.

Cubre o formulario cos datos facturación e fai a compra. Podes realizar o pago con tarxeta de crédito/débito, PayPal ou transferencia. Se elixes pago con tarxeta ou PayPal entrarás na pasarela de pago, no caso de que elixas pago por transferencia sigue as instruccións que se che indican no formulario.

Unha vez feita a compra poñerémonos en contacto contigo.

O número de prazas é limitado e serán adxudicadas por rigurosa orde de formalización da matrícula.

¿A que teño acceso coa miña matrícula?

Ademais das actividades do curso, a matrícula darache acceso a todos os concertos do festival e a posibilidade de añadir aloxamento e manutención dependendo da túa modadidade de matríucula.

Según modalidade os cursos incluén:

Activo 299€

• 4 clases individuais e varias masterclasses colectivas

• Seminarios e talleres

• Asistencia a tódolos concertos do Festival de música

Alumno oínte 120€

• Clases colectivas

• Seminarios e talleres

 Alumno oínte + concertos 140€
• Clases colectivas
• Concertos
• Seminarios e talleres

+Manutención +50€

• Manuntención (comida e cea durante os 5 días do festival)

+Aloxamento +150€

• Aloxamento no Balneario “Baños da Brea” dende o domingo 9 ata o sábado 14 de xullo (6 noites) + almorzos incluidos.

Menores de idade

Matricularse.

Os alumnos menores de idade deberán entregar unha autorización dos seus pais, nais ou titores para poder inscribirse.

Aloxamento e comidas.

A matrícula do Curso de Música pode incluír dietas individualizadas (almorzo, xantar e cea) e aloxamento, no que os menores disporán dun habitáculo separado para durmir.

Monitores.

Os alumnos e alumnas menores de idade estarán vixiados por un equipo de monitores e monitoras que atenderán as necesidades e coidados precisos de todos os nenos e nenas.

¿Que é o Bono Galaico?

Bono Galaico.

O sistema principal de entrada ao festival será mediante o “Bono Galaico”. Este bono pretende ser un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en apoiar a creación e difusión da cultura, impulsando e axudando na realización de festivais como o Galaico Brass Festival. O “Bono Galaico” da acceso a todos os concertos de pago do festival e terá un custo de 25€. A venda de entradas a concertos soltos queda supeditada á dispoñibilidade de localidades unha vez finalice o prazo de venda de Bonos Galaico, non garantíndose que se chegue a abrir o proceso de venda de entradas soltas en caso de que se esgotaran todas as localidades dispoñibles mediante o Bono Galaico.

© Asociación Cultural MerzaBrass. Todos os dereitos reservados.