Programa
Día 1
ceip de merza

BOSTON BRASS
Dende 1986, Boston Brass propúxose crear unha experiencia musical única, cunha combinación de coloridos arranxos clásicos, vibrantes estándares de jazz e o mellor do repertorio orixinal para metais. Boston Brass ofrece ao público un estilo singular de entretemento musical que conecta a formalidade clásica cunha diversión enérxica, encantando tanto aos asistentes habituais aos concertos como aos que se achegan por primeira vez. O quinteto actuou en todos os 50 estados de EE.UU. e en máis de 30 países. Aínda que a banda adoita ofrecer concertos como quinteto, Boston Brass tamén actúa con orquestras, bandas de concerto e de marcha, organistas e bandas de jazz, e colabora regularmente con compositores para crear novas obras para o repertorio de metais. A educación musical é unha parte fundamental da identidade de Boston Brass, e o quinteto continúa impartindo sesións en todo o mundo, incluíndo clases maxistrais e residencias en prestixiosas institucións como a Eastman School of Music, The Juilliard School, a Royal Academy of Music de Londres e o Yong Siew Toh Conservatory en Singapur. En colaboración coa Yamaha Corporation, o quinteto realizou unha xira en 2018 polos principais conservatorios de música de China, e en 2021 os membros de Boston Brass foron nomeados para o Consello Asesor Internacional de Artistas do College of Music na Mahidol University en Tailandia. Boston Brass tamén foi protagonista como educador e intérprete en eventos como o Midwest Band and Orchestra Clinic, a World Association for Symphonic Bands and Ensembles, a American Bandmaster Association Conference, o American Band College, o Western International Band Clinic e en innumerables conferencias estatais de educación musical.
Día 4
CEIP de MERZA

Artistas del Gremio
Artistas del Gremio é unha charanga, fanfarria ou banda de música de vento con 20 anos de traxectoria. O noso espectáculo de rúa é unha referencia a nivel internacional pola súa orixinalidade escénica e a súa enerxía. O carácter teatral do noso show e a simpatía que desprendemos fixeron do noso proxecto un dos mellores para a interacción co público.
A musicalidade dos nosos arranxos e o noso espírito festivo permitíronnos levar a nosa música a máis de 10 países. Fomos a banda sonora de centos de eventos festivos por toda Europa e América Latina, desde festas populares ata festivais de música de rúa, folk, bandas de vento ou artes escénicas.
Día 4
CEIP de MERZA

BANDA ARTÍSTICA DE MERZA & SOLISTAS
Fundada no ano 1828, a Banda Artística de Merza é a agrupación popular máis antiga de Galicia. A Banda Artística de Merza ten actuado por toda a xeografía galega levando a súa música a grandes auditorios (Auditorio de Galicia, Palacio da Ópera, Auditorio Municipal de Ourense, Pazo da Cultura…) e tamén en Asturias (Teatro Filarmónico de Oviedo), Valencia (Palau de la Música), Cantabria, Cataluña, Madrid (Teatros del Canal). Así como en Portugal (Casa da Música en Oporto) e Italia, sen esquecer as xiras realizadas por Venezuela nos anos 1982 e 1992, e por Arxentina no ano 2000. Así mesmo no ano 2009 participa no W.M.C. (World Music Contest) de Kerkrade sendo a primeira banda galega que concursa en tan prestixioso certame. Hoxe en día a Banda Artística de Merza conta con numerosos premios nacionais e internacionais e está considerada unha das mellores e máis atractivas bandas de música da Comunidade Autónoma Galega e dende febreiro de 2020 está dirixida polo mestre Mateo Gómez Naval. Como Solistas actuarán o Galaico Brass Quintet formado por Yael Fiuza e Manuel Davila (Trompetas), Marcos Cruz (Trompa), Ricardo Pedrares (Trombón) e Miguel Franqueiro (Tuba); Adam Rapa (Solista Internacional) e Sergio Carolino (Solista Internacional).
Día 5
CEIP de Merza

REAL FILHARMONIA DE GALICIA & SOLISTAS
A Real Filharmonía de Galicia nace como un ambicioso proxeto cultural en Santiago de Compostela no ano 1996. Formada por 50 músicos e un equipo administrativo de 6 persoas, ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o director titular e artístico da formación e Maximino Zumalave o seu director asociado. No ano 2020 Joana Carneiro incorpórase como principal directora convidada. Os obxetivos da RFG céntranse en difundir a música clásica en todo o territorio galego, na procura das máis altas cotas de excelencia artística a través da colaboración con directoras/es e instrumentistas do máis alto nivel e con un firme compromiso na estimulación do talento e a formación musical de nenos/as e xoves. Na actualidade, a Real Filharmonía de Galicia consolídase como unha das iniciativas musicais galegas máis importantes e recoñecidas, empeñada na procura de sinerxias con outras institucións culturais nos ámbitos rexional, nacional e internacional e na difusión da cultura que se fai en Galicia máis alá do noso territorio.
Como Solistas actuarán Marta Isabella Montes e Iago Bernat, Ian Bousfield, Isobel Daws e Jeroem Berwaerts.
Día 6
CEIP de Merza

Galaico Brass Ensemble
Galaico Brass Ensemble está formado por músicos pertencentes á case bicentenaria Banda Artística de Merza e por outro lado profesores e colaboradores do Galaico Brass Festival. A intención do Galaico Brass Esemble será ofrecer un concerto no que os profesores titulares do curso participen activamente tanto como solistas, tocando diferentes pezas do amplo repertoriobpara metais, ou como compositores, culminando así unha semana de experiencias únicas.