Curso de Música
Para acadar un curso dun nivel extraordinario, o Galaico Brass Festival presenta un profesorado na súa maioría inédito en Galicia e na Península Ibérica, que ofrecerá ao alumnado unha experiencia pedagóxica, de 5 días, única e inexplorada na nosa rexión.
O curso de música contará con clases individuais de instrumento a todo o alumnado, seminarios de disciplinas moi diferenciadas e moi novidosas e diferentes talleres e masterclasses: improvisación, conxunto e música de cámara, técnicas de estudo, preparación mental para audicións ou técnicas de relaxación e visualización a través do ioga.
O PRAZO DE MATRICULACIÓN ABRIRÁ O 12 DE ABRIL ÁS 13:00 (gmt+1)
Matrícula
Para matricularte no curso primeiro cubre o seguinte formulario cos teus datos.
Recorda que as prazas son limitadas e que a admisión se realizará por rigurosa orde de formalización de matrícula.
Agora elixe a túa especialidade
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención
Clases e seminarios de Trompeta, Trompa, Trombón ou Tuba e Bombardino como alumno ointe.
Aloxamento e manutención *
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención
- Clases individuais e colectivas
- Seminarios e talleres
- Asistencia aos concertos do Festival de música
- Aloxamento e manutención
Prazas limitadas.
Non se farán devolucións de matrícula unha vez confirmada a praza no curso elexido.
* non incluido neste prezo, engadible ao seleccionar o curso.
Preguntas frecuentes
O Curso de música do Galaico Brass Festival é un curso de perfeccionamento musical enfocado aos instrumentos de vento metal: trompeta, trompa, trombón e tuba/bombardino.
Poden participar no curso alumnas e alumnos de todas as idades e niveis formativos.
O curso terá unha duración de 5 días; dende o 8 ata o 12 de xullo de 2024 e celebrarase en Merza, Vila de Cruces (Galicia)
Contará con alumnado activo limitado a un total de 80 participantes (20 por especialidade) que terán establecido un horario de 9:00h a 20:00h tódolos días que incluirán, entre outras, as seguintes actividades:
Clases Individuais
Clases Colectivas
Ioga musical
Mantemento instrumental
Psicoloxía deportivo-musical
Conferencias
O prazo de matriculación comezará a partir de abril.
Cubre o formulario da túa matrícula.
Elixe o curso no que queiras matricularte.
Comproba a túa cesta e continúa coa compra.
Cubre o formulario cos datos facturación e fai a compra. Podes realizar o pago con tarxeta de crédito/débito, PayPal ou transferencia. Se elixes pago con tarxeta ou PayPal entrarás na pasarela de pago, no caso de que elixas pago por transferencia sigue as instruccións que se che indican no formulario.
Unha vez feita a compra poñerémonos en contacto contigo.
O número de prazas é limitado e serán adxudicadas por rigurosa orde de formalización da matrícula.
Ademáis das actividades do curso, a túa matrícula darache acceso a todolos concertos do festival e a posibilidade de añadir aloxamento emanutención dependendo de túa modalidade de matrícula.
Según modalidade os cursos incluen:
Alumno activo 299€
• 4 clases individuais e varias masterclasses colectivas
• Seminarios e talleres
• Asistencia a todolos concertos do Festival de música+Manutención +50€
• Manutención completa (comida e cea) durante os 5 días do festival.
+Aloxamento +150€
• Aloxamento no Balneario “Baños da Brea” dende o 7 ó 13 de xullo (6 noites, con almorzos incluidos)Alumno ointe 120€
• Clases colectivas
• Seminarios e talleresAlumno ointe + concertos 140€
• Clases colectivas
• Concertos
• Seminarios e talleres
Matricularse.
Os alumnos menores de idade deberán entregar unha autorización dos seus pais, nais ou titores para poder inscribirse.
Aloxamento e comidas.
A matrícula do Curso de Música pode incluír dietas individualizadas (almorzo, xantar e cea) e aloxamento, no que os menores disporán dun habitáculo separado para durmir.
Monitores.
Os alumnos e alumnas menores de idade estarán vixiados por un equipo de monitores e monitoras que atenderán as necesidades e coidados precisos de todos os nenos e nenas.