Skip to main content

Bono Galaico

O próximo 18 de abril abriremos o prazo de compra de entradas para o Galaico Brass Festival. Este ano temos como novidade o noso Bono Galaico, entérate nesta nova de como funciona e non te quedes sen el!!

O sistema principal de entrada ao festival será mediante o “Bono Galaico”. Este bono pretende ser un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en apoiar a creación e difusión da cultura, impulsando e axudando na realización de festivais como o Galaico Brass Festival. O “Bono Galaico” da acceso a todos os concertos de pago do festival (Turbulences, Adam Rapa, Balkan Paradise Orchestra, Mnozil Brass e Los Pitutos), e terá un custo de 59,50€ máis ive.

A venda de entradas a concertos soltos queda supeditada á dispoñibilidade de localidades unha vez finalice o prazo de venda de Bonos Galaico, non garantíndose que se chegue a abrir o proceso de venda de entradas soltas en caso de que se esgotaran todas as localidades dispoñibles mediante o Bono Galaico.

Apertura do prazo de matriculación!!!

O próximo día 11 de abril ás 11:00 horas de mediodía xa podes inscribirte no curso de música Galaico Brass Festival.

Curso de Música

Ademáis das modalidades instrumentais (trompeta, trompa, trombón e tuba/bombardino) tamén haberá modalidade de música de cámara para aqueles grupos que queiran participar.

Dentro das modalidades instrumentais hai varias opcións:

Modalidade 1 Activo 329€
• 4 clases individuais de instrumento
• Varias masterclasses interdisciplinares
• Traballo de repertorio orquestral
• Seminarios e improvisación, mantementpo de instrumentos, psicoloxía musical…
• Asistencia a tódolos concertos do Festival de música

Modalidade 2 Activo+Manutención 379€
• 4 clases individuais de instrumento
• Varias masterclasses interdisciplinares
• Traballo de repertorio orquestral
• Seminarios e improvisación, mantemento de instrumentos, psicoloxía musical…
• Asistencia a tódolos concertos do Festival de música
• Manuntención (comida e cea)

Modalidade 3 Activo+Pensión Completa 449 €
• 4 clases individuais de instrumento
• Varias masterclasses interdisciplinares
• Traballo de repertorio orquestral
• Seminarios e improvisación, mantemento de instrumentos, psicoloxía musical…
• Asistencia a todos os concertos do Festival de música
• Aloxamento en Baños da Brea e manutención completa

Modalidade 4 Alumno oínte 120€
• Asistencia a todas as clases e masterclasses do Festival como oínte
• Asistencia a todos os seminarios e talleres como oínte

Modalidade 5 Alumno oínte máis concertos 160€
• Asistencia a todas as clases e masterclasses do Festival como oínte • Concertos
• Asistencia a todos os seminarios e talleres como oínte

Para a modalidade de música de cámara:

Especialidade Música de Cámara 120€
(precio por integrante do grupo de cámara)
• 3 clases especializadas con Timothy Francis, Anaís Romero, Ricardo Mollá, José Martínez e Manuel Davila
• Asistencia a todos os seminarios e talleres
* Aloxamento e manuntención consultar por mail

As prazas para o alumnado activo no curso de música son limitadas…non quedes sen apuntarte!