O próximo 18 de abril abriremos o prazo de compra de entradas para o Galaico Brass Festival. Este ano temos como novidade o noso Bono Galaico, entérate nesta nova de como funciona e non te quedes sen el!!
O sistema principal de entrada ao festival será mediante o “Bono Galaico”. Este bono pretende ser un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en apoiar a creación e difusión da cultura, impulsando e axudando na realización de festivais como o Galaico Brass Festival. O “Bono Galaico” da acceso a todos os concertos de pago do festival (Turbulences, Adam Rapa, Balkan Paradise Orchestra, Mnozil Brass e Los Pitutos), e terá un custo de 59,50€ máis ive.
A venda de entradas a concertos soltos queda supeditada á dispoñibilidade de localidades unha vez finalice o prazo de venda de Bonos Galaico, non garantíndose que se chegue a abrir o proceso de venda de entradas soltas en caso de que se esgotaran todas as localidades dispoñibles mediante o Bono Galaico.
O próximo día 11 de abril ás 11:00 horas de mediodía xa podes inscribirte no curso de música Galaico Brass Festival.
Curso de Música
Ademáis das modalidades instrumentais (trompeta, trompa, trombón e tuba/bombardino) tamén haberá modalidade de música de cámara para aqueles grupos que queiran participar.
Dentro das modalidades instrumentais hai varias opcións:
Modalidade 1 Activo 329€ • 4 clases individuais de instrumento • Varias masterclasses interdisciplinares • Traballo de repertorio orquestral • Seminarios e improvisación, mantementpo de instrumentos, psicoloxía musical… • Asistencia a tódolos concertos do Festival de música
Modalidade 2 Activo+Manutención 379€ • 4 clases individuais de instrumento • Varias masterclasses interdisciplinares • Traballo de repertorio orquestral • Seminarios e improvisación, mantemento de instrumentos, psicoloxía musical… • Asistencia a tódolos concertos do Festival de música • Manuntención (comida e cea)
Modalidade 3 Activo+Pensión Completa 449 € • 4 clases individuais de instrumento • Varias masterclasses interdisciplinares • Traballo de repertorio orquestral • Seminarios e improvisación, mantemento de instrumentos, psicoloxía musical… • Asistencia a todos os concertos do Festival de música • Aloxamento en Baños da Brea e manutención completa
Modalidade 4 Alumno oínte 120€ • Asistencia a todas as clases e masterclasses do Festival como oínte • Asistencia a todos os seminarios e talleres como oínte
Modalidade 5 Alumno oínte máis concertos 160€ • Asistencia a todas as clases e masterclasses do Festival como oínte • Concertos • Asistencia a todos os seminarios e talleres como oínte
Para a modalidade de música de cámara:
Especialidade Música de Cámara 120€ (precio por integrante do grupo de cámara) • 3 clases especializadas con Timothy Francis, Anaís Romero, Ricardo Mollá, José Martínez e Manuel Davila • Asistencia a todos os seminarios e talleres * Aloxamento e manuntención consultar por mail
As prazas para o alumnado activo no curso de música son limitadas…non quedes sen apuntarte!