Skip to main content

Bono Galaico

O próximo 18 de abril abriremos o prazo de compra de entradas para o Galaico Brass Festival. Este ano temos como novidade o noso Bono Galaico, entérate nesta nova de como funciona e non te quedes sen el!!

O sistema principal de entrada ao festival será mediante o “Bono Galaico”. Este bono pretende ser un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en apoiar a creación e difusión da cultura, impulsando e axudando na realización de festivais como o Galaico Brass Festival. O “Bono Galaico” da acceso a todos os concertos de pago do festival (Turbulences, Adam Rapa, Balkan Paradise Orchestra, Mnozil Brass e Los Pitutos), e terá un custo de 59,50€ máis ive.

A venda de entradas a concertos soltos queda supeditada á dispoñibilidade de localidades unha vez finalice o prazo de venda de Bonos Galaico, non garantíndose que se chegue a abrir o proceso de venda de entradas soltas en caso de que se esgotaran todas as localidades dispoñibles mediante o Bono Galaico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *